Avance da 63 CSW desde NY

Reunión da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ( CSW), en Nova York os días 11 ao 22 de marzo

 É o órgano das Nacións Unidas dedicado á formulación políticas dedicadas á promoción da igualdade de xénero e o  empoderamento das mulleres. Representantes dos Estados Membros e entidades das Nacións Unidas e as ONG reúnense para examinar os progresos alcanzados e establecer os retos, establecer normas e formular políticas. Constitúe, ademais, un espazo de debate, intercambio de experiencias e de formulación de propostas e estratexias encamiñadas a avanzar cara aos obxectivos marcados.

Cada ano, a Comisión establece un tema prioritario en torno ao cal viran unha boa parte dos paneis. Este ano, a temática céntrase nos sistemas de protección social, acceso a servizos públicos e  infraestuctura sustentable para garantir a igualdade entre os xéneros e o  empoderamiento das mulleres e as nenas.

A presidenta de  FORGENDER  SEAL, Marta  Macias, estará presente no encontro como parte das organizacións da sociedade civil.