Etapa 1: execución e avaliación do Plan de Compromisos
- O período de execución do Plan de Compromisos é de dous anos, prazo no que o goberno local ten que executar os compromisos fixados de acordo co calendario previsto.
- Durante este período, a asociación Forgender Seal acompañará Ó goberno local ante cuestións ou dúbidas que puidesen xurdir.
- Pasados os dous anos de execución realizarase a auditoría das accións comprometidas. O goberno local escollerá, entre as entidades homologadas pola asociación, a entidade avaliadora.
Etapa 2: renovación do Distintivo
Unha vez superada a avaliación final despois de dous anos de obtención do Distinctivo, o Concello definirá, a partir do seu Plan de Compromiso inicial, os novos compromisos eo mantemento das accións en favor da igualdade de xénero. Ao mesmo tempo, o municipio poderá avanzar nos niveis de certificación.