Reunión da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ( CSW), en Nova York os días 11 ao 22 de marzo
É o órgano das Nacións Unidas dedicado á formulación políticas dedicadas á promoción da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres. Representantes dos Estados Membros e entidades das Nacións Unidas e as ONG reúnense para examinar os progresos alcanzados e establecer os retos, establecer normas e formular políticas. Constitúe, ademais, un espazo de debate, intercambio de experiencias e de formulación de propostas e estratexias encamiñadas a avanzar cara aos obxectivos marcados.
Cada ano, a Comisión establece un tema prioritario en torno ao cal viran unha boa parte dos paneis. Este ano, a temática céntrase nos sistemas de protección social, acceso a servizos públicos e infraestuctura sustentable para garantir a igualdade entre os xéneros e o empoderamiento das mulleres e as nenas.
A presidenta de FORGENDER SEAL, Marta Macias, estará presente no encontro como parte das organizacións da sociedade civil.