Co apoio do Concello da Coruña eu a colaboración da Sólida, asociación para a Cooperación ao Desenvolvemento comenzamos a creación da primeira Rede de Centros educativos que apostan pola igualdade na cidade da Coruña. É só o principio!
La Asociación Sólida promove o Índice de calidade social, xénero e diversidade no ámbito educativo e é un instrumento de transformación social para avanzar de maneira constante e progresiva cara á igualdade de trato e oportunidades a través dos centros educativos.
As primeiras probas piloto realízanse en catro centros educativos: CEIP Maria Pita, IES Monte das Moas, CEIP Alborada, e CEIP Labaca
O índice de calidade social, xénero e diversidade no ámbito educativo é un instrumento de transformación social para avanzar de maneira constante e progresiva cara á igualdade de trato e oportunidades a través dos centros educativos. O IQSGD, elaborado pola Asociación Forgender Seal e pola Plataforma Unitaria contra as Violencias de xénero, é aplicable a todos os centros educativos de educación formal e de educación non formal, que busquen reducir as desigualdades sociais e de xénero, que se posicionen como impulsores da Axenda 2030 e ambicionen construír sociedades a partir dunha educación transformadora onde a perspectiva de xénero, os dereitos humanos e a diversidade sexan eixos transversais da súa actuación.