Segueix l’actualitat del Distintiu SGCITY50

Jornada "La ciutat que volem les dones"

Ens complau convidar-vos a la jornada “Les ciutats que volem les dones” el pròxim 10 d’abril de 18.00 a 20.30 al Palau Macaya (Passeig de Sant Joan, 108 Barcelona)

En aquesta jornada es parlarà de la construcció de ciutats on el principi d’igualtat ha de ser la base de les polítiques públiques locals.

Es presentaran projectes que ens ajuden a assolir l’agenda 2030, ja que incideixen directament en la incorporació transversal de la perspectiva de gènere en la governança local i de manera holística en totes les competències municipals.(Programa Demeter, Distintiu Municipal per la Igualtat de Gènere SG CITY50-50 i el LOBBY 50a50)

Representants de la política municipal i expertes en polítiques de gènere ens parlaran de les ciutats que volem les dones.

L’acte estarà conduït per la periodista Marta Roqueta.

Podeu seguir la conversa a Twitter a través de #CiutatsFeminsites #CiutatsIgaulitaries

 


Co lema “Pola paridade, feitos e non palabras”, a asociación 50a50 organiza Hipatia, un espazo de encontro de asociacións de mulleres empresarias, directivas e profesionais para conmemorar o 8M.

Con este encontro, no que participarán unha decena de asociacións de mulleres directivas e profesionais, búscase sumar sinerxias para establecer liñas de traballo orientadas a promover a presenza equitativa de mulleres en postos de decisión, de acordo co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 5 da Axenda 2030.

Hipatia terá lugar o vindeiro mércores 13 de marzo, de 18 a 21 horas, no Palau Macaya (Passeig Sant Joan 108, Barcelona), Lourdes Mourelo participará no foro por parte da Asociación  FORGENDER .

Para coñecer o programa do evento: Programa evento 13 de marzo


A Asociación FORGENDER SEAL e a Fundación AROA asinan un acordo de colaboración para apoiar a campaña @ fem_ eu2019 que promove a igualdade entre homes e mulleres nos espazos de decisión da UE.

A Fundación Aroa está formada por profesionais do ámbito da saúde, a educación e a atención social con sensibilidade crecente pola presenza dos trastornos psicosociais no exercicio diario da súa profesión.

Expoñen un modelo holístico que integre os modelos de intervención convencionais e alternativos nestas disciplinas para para a prevención e o apoio ás persoas, especialmente nos momentos de adversidade e cambio vital,  dnsde el recoñecimento como protagonistas do seu propio proceso de transformación e mellora.

Para más información: Campaña fem-eu 2019


Reunión da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ( CSW), en Nova York os días 11 ao 22 de marzo

 É o órgano das Nacións Unidas dedicado á formulación políticas dedicadas á promoción da igualdade de xénero e o  empoderamento das mulleres. Representantes dos Estados Membros e entidades das Nacións Unidas e as ONG reúnense para examinar os progresos alcanzados e establecer os retos, establecer normas e formular políticas. Constitúe, ademais, un espazo de debate, intercambio de experiencias e de formulación de propostas e estratexias encamiñadas a avanzar cara aos obxectivos marcados.

Cada ano, a Comisión establece un tema prioritario en torno ao cal viran unha boa parte dos paneis. Este ano, a temática céntrase nos sistemas de protección social, acceso a servizos públicos e  infraestuctura sustentable para garantir a igualdade entre os xéneros e o  empoderamiento das mulleres e as nenas.

A presidenta de  FORGENDER  SEAL, Marta  Macias, estará presente no encontro como parte das organizacións da sociedade civil.


La Asociación firma acordos de colaboración con Bureau Veritas, SGS e ICSEM como entidades evaluadoras do Distintivo

A Asociación homologou como entidades evaluadoras do Proceso de Certificación do Distintivo pola Igualdade de Xénero de ámbito municipal e asinou acordos de colaboración coas entidades Bureau Veritas, SGS e ICSEM. A lista de entidades de avaliación homologadas do Distintivo complétase coas entidades Avaluem; Fundación Agi, Femlegal e Coop4 equality.


A presidenta de FORGENDER SEAL  reuniuse o pasado mes de febreiro coa Secretaria Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia, Susana López Abella para presentarlle o Distintivo e valorar unha posible colaboración entre ambas entidades para promover a certificación nos Concellos de Galicia


Os Concellos de Calella e Cabrera de Mar aprobaron iniciar o proceso para a obtención do Distintivo pola Igualdade de Xénero SG CITY 50-50, que promove e recoñece o compromiso coa igualdade entre homes e mulleres dos gobernos locais.

 Desde a Asociación Forgender damos a benvida aos dous novos Concellos que se comprometen ante a súa cidadanía a un proceso de mellora continua para a transversalización da perspectiva de xénero tanto a nivel interno e en todas as súas políticas públicas.


Cada vez son máis os concellos españois que aplican perspectiva de xénero nas súas políticas. E para certificalo, e mesmo para axudar a cumprilo, acaba de lanzarse un selo de calidade: A primeira Certificación de Xénero Municipal. Trátase do distintivo ” City Cincuenta Cincuenta” que outorga a Asociación ” Forgender  Seal”. Varios municipios aceptaron o reto.

O pasado sábado, TV2 realizou unha reportaxe sobre o Distintivo pola Igualdade de Xénero SG CITY 50-50 no que entrevistaron á presidenta da Asociación Forgender Seal, Marta Macias, as alcaldesas de Sant Boi de Llobregat Lluisa Moret, Santa Coloma de Gramenet Núria Parlón e o alcalde de Cabrera de Mar, Jordi Mir, as cales xa iniciaron o proceso de certificación.

Para ver a entrevista: Entrevista_alcalde/alcaldesas_Distintivo_Igualdad