ÁREAS TEMÁTICAS

A Norma establece tres áreas temáticas de xestión que corresponden ás principais liñas de traballo para chegar á igualdade efectiva entre mulleres e homes. Cada área divídese en bloques e cada bloque componse dun conxunto de requisitos e criterios en forma de actuacións ou comportamentos esperados por parte do concello, baseados na regulación que se establece nas leis e normas nacionais e internacionais.

Área de liderado, xestión interna e capacidades

  1. Estratexia, estrutura, mecanismos de funcionamento e toma de decisións
  2. Planificación, seguimento e avaliación
  3. Deseño, xestión e avaliación do orzamento municipal
  4. Formación e capacitación do equipo de goberno
  5. Políticas de xestión interna, protocolos e procedementos de xestión de persoas
  6. Políticas e procesos de comunicación e participación interna
  7. Relacións con terceiros

Área de promoción dos dereitos das mulleres

  1. Participación política e social
  2. Desenvolvemento profesional, ocupación e liderado empresarial
  3. Promoción e recoñecemento da formación e a capacitación
  4. Políticas de medio ambiente, urbanismo, vivenda e mobilidade, e promotores da conciliación da vida familiar, persoal e laboral
  5. Promoción e facilitación da saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres
  6. Visibilidade e representación das mulleres á vida pública e aos medios de comunicación
  7. Cooperación ao desenvolvemento

Área de promoción dunha contorna libre de violencias e discriminacións

  1. Transformación de roles e estereotipos sociais
  2. Prevención, atención e solucións contra a violencia machista e desenvolvemento dunha contorna segura