CONCEPTO E CARACTERÍSTICAS

Concepto

O Distintivo pola Igualdade de Xénero é unha certificación de ámbito internacional e un proceso de mellora continua que permite implantar un sistema de xestión para recoñecer e certificar o compromiso político e estratéxico do goberno municipal a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes na súa xestión e gobernanza, ademais de participar dun avance constante e progresivo cara á igualdade.

O Distintivo pola Igualdade de Xénero, elaborado pola Asociación Forgender Seal é deseñada de acordo coa normativa nacional e os mandatos e tratados internacionais en relación aos dereitos humanos das mulleres, o desenvolvemento humano, as cidades e o cambio climático.

É o primeiro selo de cualificación que recoñece e motiva os esforzos dos gobernos locais para mellorar a súa eficacia, eficiencia e calidade na implementación da transversalidade da perspectiva de xénero na gobernanza municipal.

 

A certificación, chamada SG CITY 50-50, axuda á transparencia e o rendemento de contas fronte á cidadanía. Ademais, pon a disposición dos concellos ferramentas que favorecen a integración da perspectiva de xénero nas políticas e actuacións da administración local.

Incluír a perspectiva de xénero nas políticas municipais é o reto e por iso traballamos para crear un proceso de certificación moi inductivo, fácil e que responda as necesidades do concello.

Traballamos co Institut Català de les Dones e a Direcció Insular d’ Igualtat ( Consell de Mallorca) para crear unha nova ferramenta que axude a impulsar políticas locais con perspectiva de xénero.

– O proceso de certificación integra unha metodoloxía orientada a lograr uns resultados a favor da igualdade de xénero. Fomenta e facilita o deseño, aplicación e seguimento de políticas públicas con perspectiva de xénero e á vez promove políticas específicas a favor dos dereitos das mulleres.

– Mostra un recoñecemento aos esforzos e logros realizados polos concellos.

– Facilita a identificación das súas potencialidades e limitacións para poder xestionalas con maior eficacia e eficiencia a favor da igualdade.

– Representa unha oportunidade para medir o nivel de mellora de cada cidade diferenciando en cada caso o esforzo e os recursos investidos sen perder de vista o nivel de ambición que se persegue.
– Establece un mecanismo rigoroso de avaliación con criterios e indicadores medibles baseados nas normas internacionais e nacionais de dereitos das mulleres e igualdade de xénero.

– Proporciona información obxectiva, outorgando un valor engadido ao compromiso adquirido polo goberno municipal, e permite á cidadanía avaliar o desempeño dun concello en concreto ou o avance global en todo o territorio.

A quen vai dirixido o Sistema de Xestión de Xénero

É aplicable a todos os concellos e cidades do mundo, de calquera tamaño, que busquen reducir as desigualdades de xénero e cumprir coa lexislación en materia de igualdade. O sistema adaptouse á diversidade territorial dos concellos e establece unha clasificación a partir do seu alcance poboacional.

Distribuíronse os Concellos en tres tramos:

  • Concellos de Primeiro Tramo : inclúe a concellos cun alcance poboacional ata 5.000 habitantes.
  • Concellos do Segundo Tramo: inclúe a concellos cun alcance poboacional de máis de 5.000 ata 20.000 habitantes.
  • Concellos do Terceiro Tramo: inclúe á concellos cun alcance poboacional de máis de 20.000 habitantes. Ademais, o Sistema diferencia dentro deste tramo os concellos de máis de 100.000 habitantes.

Os requisitos, os criterios e a puntuación establecidos responden á clasificación mencionada.

Marco de referencia

Para configurar o sistema de xestión de igualdade de xénero tivéronse en conta os mandatos e tratados internacionais sobre os dereitos das mulleres, o desenvolvemento humano e a Axenda 2030, así como a lexislación nacional e europea sobre a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Ademais, contempláronse tres concepcións básicas que toda política ou actuación pública deben ter:

  • Por unha banda, tres alicerces esenciais que se relacionan e son interdependientes entre si: os dereitos humanos na súa interpretación máis ampla, o desenvolvemento humano e a igualdade de xénero.
  • O segundo concepto é a indivisibilidade dos dereitos humanos, é dicir, xa sexan os dereitos de orde civil, cultural, económico, político ou social. Todos eles son inherentes á dignidade de toda persoa e, en consecuencia, todos teñen o mesmo status e non poden ser xerarquizados. Tamén son interdependentes e están interrelacionados, porque o exercicio dun dereito depende do exercicio integral do resto de dereitos.
  • En terceiro lugar, é necesario incorporar a análise das discriminacións múltiples que incide na necesidade de que as políticas públicas proporcionen unha resposta eficaz á realidade diversa das poboacións e os seus contextos, porque non son factores estáticos nin homoxéneos. As discriminacións que afectan as persoas están relacionadas con variables de xénero, raza, clase, idade, discapacidade, sexualidade, orixe, nivel educativo, situación e condición económica, entre outros.

Características

  • Actualizado e obxectivo: Baséase nos compromisos establecidos na normativa sobre igualdade de xénero, dereitos humanos das mulleres e desenvolvemento humano.
  • Aliñado: É un sistema de xestión que se desenvolve a partir dos plans de políticas de igualdade de xénero e dos plans de igualdade de mulleres e homes no sector público de cada CONCELLO.
  • Útil: Xera competencias institucionais para que a igualdade de xénero poida ser abordada de maneira integral nas actuacións do goberno local.
  • Dinámico: Obxecto dunha mellora continua que incorpore novas áreas de xestión, criterios e indicadores para adaptarse aos cambios e ao contexto dos entes locais.
  • Transparente: Os compromisos asumidos, a avaliación obtida e a certificación serán publicados e difundidos polo goberno local e serán accesibles.
  • Flexible: Ten en conta a diversidade das cidades mediante o establecemento de criterios diferentes para deseñar o seu propio Plan de compromisos segundo as súas capacidades e recursos.
  • Independente: A verificación do cumprimento dos criterios expostos levarase a cabo a través de entidades de certificación acreditadas.
  • Recoñecemento: O Goberno local que supera as avaliacións obtén o Distintivo pola Igualdade de Xénero.