Etapa 1: solicitude da certificación
O proceso de certificación contén dúas partes fundamentais: a elaboración do Autodiagnóstico ( AD) e a elaboración do Plan de Compromisos ( PC). O primeiro ( AD) serve para coñecer de que políticas, plans e actuacións dispón o concello a favor da igualdade de xénero. O segundo ( PC) determina cales serán os compromisos do goberno municipal para impulsar e promover políticas, plans e actuacións a favor da igualdade de xénero nos próximos dous anos.
- O concello solicita e acepta o orzamento.
- O concello poderá escoller a entidade avaliadora entre as homologadas, fóra dos concellos do Primeiro Tramo que serán avaliados pola Asociación Forgender Seal.
- O concello recibe un código para poder acceder á súa intranet.
Creáronse ferramentas, como a intranet, que favorecen a comprensión do proceso de certificación e que axilizan os trámites de xeito fácil e rápido.
Para máis información descargade aquí o Documento operativo da Norma e contactade connosco a través do formulario de contacto.
Etapa 2: Elaboración do Autodiagnóstico (AD)
Nesta etapa o concello debe elaborar o formulario do Autodiagnóstico (AD).
Con esta finalidade, o concello ten que encher o formulario do Autodiagnóstico a partir:
- Dos indicadores e orientacións do propio formulario de Autodiagnóstico.
- Dos plans e planificacións estratéxicas ou operativas de que dispoña o concello en políticas de igualdade ou políticas de acción social.
O formulario AD dispón de preguntas que responden ó desenvolvemento da normativa nacional e internacional. As preguntas, que denominamos requisitos e criterios, dispoñen de indicadores que axudan a despregar de que forma aplícanse e desenvólvense as políticas de igualdade.
O informe do Autodiagnóstico determina o avance do concello a favor da igualdade de xénero, se dispón de liderado e vontade política, se o goberno municipal priorizou no seu programa de goberno as políticas a favor dos dereitos das mulleres, e se aplicou estratexias metodolóxicas para incorporar a perspetiva de xénero en todas as políticas e actuacións municipais.
Avaliación do formulario
A avaliación consta de dúas partes:
- Comprobación dos requisitos que son necesarios para pasar á etapa 3.
- Valoración do autodiagnostico, con unha descripción das fortalezas, das accions recomendadas e das posibles advertencias.
Etapa 3: Elaboración do Plan de Compromisos (PC)
O plan de compromisos é un formulario que recolle unha proposta de accións relacionadas coas áreas e os bloques nos cales se estrutura a Norma * SG CITY 50-50. Cada acción ten tres niveles diferentes de esixencia, dos cales o nivel A expón o nivel de compromiso máis ambicioso. O goberno municipal ten que elixir as accións que se compromete a realizar durante os próximos dous anos. Para elixir unha acción, ten que elixir un dos tres niveles de esixencia que cada acción dispón.
Cada acción seleccionada, co seu correspondente nivel (A, B ou C), convértese nun compromiso. Non hai accións obrigatorias, salvo que así se indicase expresamente no informe do formulario do autodiagnose. Fóra deste caso, será o goberno local, de acordo co seu propio criterio e conveniencia o que determine e seleccione a acción e o nivel de esixencia elixido. Ademais, o goberno municipal pode realizar directamente as accións ou a través outras institucións e/ou administracións.
Documentos que axudan a cumplimentar o Plan de Compromisos:
- O informe de avaliación do Autodiagnóstico
- Os plans e planificacións estratéxicas ou operativas de que dispoña o concello en políticas de igualdade ou de acción social
Avaliación do Plan de Compromisos
O Plan de Compromisos tenrá que obter unha puntuación mínima que determina o nivel logrado polo municipio: INICIAL, AVANZADO ou LIDER.
Etapa 4: Certificación e outorgamento do Distintivo
A partir do informe de avaliación do Plan de Compromisos, a asociación FORGENDER SEAL realiza a revisión técnica do mesmo e procede ao outorgamento do Distintivo pola igualdade de Xénero SG CITY 50-50.
Establécense tres niveles de certificación en base á puntuación obtida:
- Nivel INICIAL.
- Nivel AVANZADO.
- Nivel LÍDER.
Obtido o Distintivo pola Igualdade de Xénero ábrese o período de execución do Plan de Compromisos.