A xestión e implementación das políticas públicas teñen cada vez máis necesidade de medir o seu impacto no ámbito de procesos e resultados, de valorar a eficacia e a eficiencia de todos os recursos xestionados, de fortalecer as capacidades das institucións que as xestionan e de promover prácticas innovadoras e transformadoras.
Os selos de calidade, desde múltiples metodoloxías, son ferramentas eficaces para evidenciar os acertos, mellorar as estratexias e accións, e para consolidar a experticia relacionada coa temática á cal fan referencia.
As políticas de igualdade de xénero non son unha excepción. Teñen impacto sobre as persoas e sobre o desenvolvemento social, político e económico. Precisamente por iso, é esencial contar cunha ferramenta que proporcione lexitimidade pública, recoñecemento e innovación na mellora das políticas públicas orientadas a incorporar transversalmente a perspectiva de xénero e superar as prácticas que vulneren dereitos humanos.
O proceso de certificación incorpora unha metodoloxía innovadora que permite:
- Avaliar as políticas e actuacións que está a levar a cabo o concello, mostrando así a súa situación de partida no momento de iniciar o proceso de certificación.
- Certificar o compromiso do goberno municipal a favor da igualdade na súa xestión e gobernanza.
Unha vez o concello obtén o Distintivo pola Igualdade de Xénero debe despregar os seus compromisos durante os dous anos seguintes. Durante este prazo terá o acompañamento da Asociación FORGENDER SEAL e un traballo en rede entre os concellos. Transcorridos os dous anos, realizarase unha avaliación para evidenciar os seus logros. Se o resultado é positivo, poderá renovar o Distintivo.
O sistema de xestión que incorpora SG CITY 50-50 adaptouse á diversidade territorial e competencial dos concellos.
O goberno municipal pode escoller de entre as accións propostas cales serán os seus compromisos. As accións teñen tres niveles de esixencia e deberá ser o mesmo goberno municipal quen decida o nivel.
As accións organízanse en tres grandes áreas temáticas de xestión divididas por bloques que son claves para conseguir a igualdade efectiva entre mulleres e homes:
- Área de liderado, xestión interna e capacidades da organización municipal
- Área de promoción dos dereitos das mulleres
- Área de promoción dunha contorna libre de violencias e discriminacións
A Asociación Forgender Seal certifica o proceso e outorga o Distintivo; e transcorrido o prazo de execución das accións comprometidas (dous anos) o goberno local poderá optar á renovación do seu compromiso a favor da igualdade de xénero.
A renovación da certificación supón, por unha banda pasar a auditoría das accións comprometidas no momento da obtención do Distintivo pola igualdade de xénero, e superada a auditoría, supón asumir novos compromisos a favor da igualdade de xénero.
QUE BENEFICIOS ACHEGA A CERTIFICACIÓN?
- Mellora a eficacia do Plan de Acción Municipal.
- Fortalece as capacidades de xestión e implementación das políticas públicas de xénero.
- Contribúe á democratización e gobernanza participativa dos gobernos locais.
- Consolida o liderado en xénero dos concellos.
- Potencia as estratexias e programas orientados a erradicar desigualdades
- Promove a innovación estratéxica para mobilizar recursos e persoas cara á igualdade de oportunidades.
CALES SON As ENTIDADES AVALIADORAS?
Os gobernos municipais poden escoller a entidade evaluadora entre as homologadas, a excepción dos concellos do Primeiro Tramo que será a Asociación FORGENDER quen os avaliará. Os gobernos municipais teñen que aceptar as condicións contractuais das entidades avaliadoras.