Avaliación

A xestión e implementación das políticas públicas teñen cada vez máis necesidade de medir o seu impacto no ámbito de procesos e resultados, de valorar a eficacia e a eficiencia de todos os recursos xestionados, de fortalecer as capacidades das institucións que as xestionan e de promover prácticas innovadoras e transformadoras.

Os selos de calidade, desde múltiples metodoloxías, son ferramentas eficaces para evidenciar os acertos, mellorar as estratexias e accións, e para consolidar a  experticia relacionada coa temática á cal fan referencia.

As políticas de igualdade de xénero non son unha excepción. Teñen impacto sobre as persoas e sobre o desenvolvemento social, político e económico. Precisamente por iso, é esencial contar cunha ferramenta que proporcione lexitimidade pública, recoñecemento e innovación na mellora das políticas públicas orientadas a incorporar  transversalmente a perspectiva de xénero e superar as prácticas que vulneren dereitos humanos.

O proceso de certificación incorpora unha metodoloxía innovadora que permite:

  • Avaliar as políticas e actuacións que está a levar a cabo o concello, mostrando así a súa situación de partida no momento de iniciar o proceso de certificación.
  • Certificar o compromiso do goberno municipal a favor da igualdade na súa xestión e gobernanza.

Unha vez o concello obtén o Distintivo pola Igualdade de Xénero debe despregar os seus compromisos durante os dous anos seguintes. Durante este prazo terá o acompañamento da Asociación  FORGENDER  SEAL e un traballo en rede entre os concellos. Transcorridos os dous anos, realizarase unha avaliación para evidenciar os seus logros. Se o resultado é positivo, poderá renovar o Distintivo.

O sistema de xestión que incorpora  SG  CITY 50-50 adaptouse á diversidade territorial e competencial dos concellos.

O goberno municipal pode escoller de entre as accións propostas cales serán os seus compromisos. As accións teñen tres niveles de esixencia e deberá ser o mesmo goberno municipal quen decida o nivel.

As accións organízanse en tres grandes áreas temáticas de xestión divididas por bloques que son claves para conseguir a igualdade efectiva entre mulleres e homes:

  • Área de liderado, xestión interna e capacidades da organización municipal
  • Área de promoción dos dereitos das mulleres
  • Área de promoción dunha contorna libre de violencias e discriminacións

A Asociación  Forgender  Seal certifica o proceso e outorga o Distintivo; unha entidade  avaliadora encargarase de elaborar os informes do proceso de certificación. No momento da solicitude, o concello debe escoller, entre as entidades homologadas, a entidade que o avaliará.

As cidades que dispoñan de Plans de Políticas de Igualdade de Xénero ou de estratexias de políticas sociais terán un proceso de certificación máis fácil e, ademais, a obtención do Distintivo impulsará a implementación destes plans ou estratexias. Con todo, as cidades que non dispoñan de estratexias de xénero atoparán nas ferramentas do proceso de certificación unha axuda para iniciar e desenvolver políticas con perspectiva de xénero.

 

QUE BENEFICIOS ACHEGA A AVALIACIÓN?

  • Mellora a eficacia do Plan de Acción Municipal.
  • Fortalece as capacidades de xestión e implementación das políticas públicas de xénero.
  • Contribúe á democratización e gobernanza participativa dos gobernos locais.
  • Consolida o liderado en xénero dos concellos.
  • Potencia as estratexias e programas orientados a erradicar desigualdades
  • Promove a innovación estratéxica para mobilizar recursos e persoas cara á igualdade de oportunidades.

 

CALES SON As ENTIDADES  AVALIADORAS?

 

 

Realizadas as avaliacións e emitidos os informes, a asociación  FORGENDER  SEAL outorga o Distintivo pola Igualdade de Xénero  SG  CITY 50-50.

A Norma desenvolve requisitos e criterios con indicadores de valoración cuantitativa e cualitativa que establecen liñas estratéxicas para contribuír a que os concellos definan con maior capacidade e eficiencia as políticas públicas de igualdade de xénero.

Existen dous tipos de requisitos, os operativos e os normativos. Os requisitos operativos son criterios vinculados aos instrumentos técnicos de xénero que deben cumprirse obrigatoriamente no momento da avaliación do formulario do  Autodiagnóstico. E os requisitos normativos son os criterios vencellados á elaboración de plans e políticas estratéxicas da acción do goberno municipal. Estes requisitos só serán considerados como requisitos se o ordenamento xurídico do territorio así o establece, xa que se refiren aos instrumentos políticos que establece como obrigatorios o marco xurídico competente do concello. O concello pode dilatar o seu cumprimento ata a avaliación do Plan de Compromisos, ben porque se elaboraron os plans ou programas esixidos, ou ben porque se establecen como accións obrigatorias no plan de Compromisos. A obtención do Distintivo quedará pendente de como se resolven os requisitos normativos..

No caso de que o concello non teña a obrigatoriedade normativa de dispoñer dos instrumentos políticos fixados no formulario, non serán considerados como requisitos. O concello deberá acreditar e proporcionar a norma onde quede regulada a non obrigatoriedade normativa.

Os criterios de avaliación son aquelas condicións que permiten avaliar que políticas e que actuacións está a levar a cabo o concello, mostrando así a situación de partida do concello no momento de iniciar o proceso de certificación. Os criterios dispoñen de indicadores de situación aos que o concello ten que responder afirmativa ou negativamente. As preguntas dos criterios establécense en tres áreas temáticas de xestión que corresponden ás principais liñas de traballo para conseguir a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Cada área divídese en bloques.

A conformidade da avaliación do  Autodiagnóstico obtense cando se reúnen os requisitos, como condicións obrigatorias, que están descritos no formulario segundo o alcance poboacional do concello. A conformidade no proceso de avaliación do Plan de Compromiso obtense cando se logran os compromisos segundo as advertencias, recomendacións e fortalezas incluídos no informe do  Autodiagnóstico e obtense unha determinada puntuación que vén dada polo grao de cumprimento dos criterios aplicados segundo o alcance poboacional do concello.

Establécense tres niveles de puntuación:

Nivel INICIAL cando se logra do 60 ao 80% dos puntos totais.

Nivel AVANZADO, cando se logra do 81 ao 90% dos puntos totais.

Nivel LÍDER, cando se logra do 91 ao 100% dos puntos totais.


Os gobernos municipais poden escoller a entidade  evaluadora entre as homologadas, a excepción dos concellos do Primeiro Tramo que será a Asociación  FORGENDER quen os avaliará. Os gobernos municipais teñen que aceptar as condicións contractuais das entidades  avaliadoras.