• SG CITY 50-50

    CONCELLOS IGUALITARIOS

    Cidades máis igualitarias, cidades máis seguras e cohesionadas, cidades do século XXI

    SOLICITUDE DE ORZAMENTO
  • CERTIFICACIÓN

    Certifícate para combater as desigualdades no teu concello

    PROCESO DE CERTIFICACIÓN

QUE É O DISTINTIVO POLA IGUALDADE DE XÉNERO?

O Distintivo pola igualdade de xénero é o primeiro selo de cualificación e recoñecemento público a favor da igualdade de xénero no ámbito municipal. É un sistema de xestión de xénero que se pon a disposición dos concellos como ferramenta que favorece a integración da perspectiva de xénero nas políticas e actuacións da administración local.

A Associació FORGENDER SEAL certifica e outorga o Distintivo ao concello, o cal se obtén mediante un proceso de certificación elaborado de acordo coas competencias municipais e normativa nacional e internacional sobre os dereitos humanos das mulleres. O proceso de certificación adáptase á normativa do territorio onde se ten que aplicar, tendo en conta a lexislación nacional vixente e o ámbito competencial da institución.

O Distintivo pola Igualdade de Xénero é un recoñecemento público á xestión municipal das políticas de xénero e á vez, é o compromiso de mellora a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes. O distintivo dispón de tres niveles: INICIAL, AVANZADO e  LIDER que dependerá do nivel de compromiso asumido polo concello.

A Associació FORGENDER SEAL, sen ánimo de lucro, ten como propósito crear sistemas de xestión de xénero que favorezan a construción de sociedades máis xustas e igualitarias, propoñan democracias máis participativas e paritarias e xeren convicción e determinación política a favor da igualdade.

QUE É A NORMA SG CITY 50-50?

A Norma SG CITY 50-50 é a primeira ferramenta do país que permite implantar, avaliar e certificar un sistema de xestión a favor da igualdade de xénero no ámbito dos gobernos locais.

A Norma SG CITY 50-50 defínese como un proceso de mellora continua, que incorpora unha serie de requisitos e criterios que permiten integrar a perspectiva de xénero na estratexia política e operativa do concello. Identifica que procesos de traballo existen na organización municipal e como se teñen que planificar e executar para satisfacer as necesidades das mulleres en particular e da cidadanía en xeral. Incorpora melloras na xestión cotiá dunha forma eficiente cos recursos de que se dispón. Ademais, mellora as competencias do liderado político do goberno e do equipo técnico a favor da igualdade de xénero.

A Norma desprega un mecanismo a través do cal o concello elabora o seu propio autodiagnóstico a partir dun formulario proporcionado pola mesma Norma, e, a partir do seu resultado o concello planifica e establece os seus avances parametrizados no Plan de Compromisos que tamén proporciona a SG CITY 50-50. Os compromisos, que o concello asume, veñen determinados, por unha banda, polos criterios establecidos pola Norma, e pola outra, polos plans e políticas de igualdade do mesmo concello.

A vontade política de compromiso con políticas e actuacións concretas proporciona ao concello o mérito de obter o Distintivo pola Igualdade de Xénero. Establécense tres niveles de certificación:

  1. Nivel INICIAL
  2. Nivel AVANZADO
  3. Nivel LÍDER

Unha vez obtido o Distintivo, éntrase no período de execución que se establece en dous anos. Finalizado o prazo, ábrese o proceso de renovación do distintivo no que se avalían e valídanse os compromisos. Unha vez superada a avaliación, elaborarase un novo Plan de Compromisos co que se obterá a renovación do distintivo.

últimas NOTICIAS

Jornada “Les ciutats que volem les dones”

Jornada “Les ciutats que volem les dones”

Ens complau convidar-vos a la jornada “Les ciutats que volem les dones” el pròxim 10 d’abril de 18.00 a 20.30 al Palau Macaya (Passeig de Sant Joan, 108 Barcelona) En aquesta jornada es parlarà de la construcció de ciutats on el principi d’igualtat ha de ser la base de les polítiques públiques locals. Es presentaran […]

Le máis
HIPATIA: Pola paridade, fetos e non palabras Mesa redonda l 13 de marzo no Palau Macaya

HIPATIA: Pola paridade, fetos e non palabras Mesa redonda l 13 de marzo no Palau Macaya

Co lema “Pola paridade, feitos e non palabras”, a asociación 50a50 organiza Hipatia, un espazo de encontro de asociacións de mulleres empresarias, directivas e profesionais para conmemorar o 8M. Con este encontro, no que participarán unha decena de asociacións de mulleres directivas e profesionais, búscase sumar sinerxias para establecer liñas de traballo orientadas a promover […]

Le máis
BLOG

QUE OUTORGA O DISTINTIVO?

  • Recoñecemento público ao goberno municipal e fortalecemento do liderado institucional mediante o traballo en rede, o traballo en colaboración e o traballo cooperativo.
  • Mellora as competencias de xestión municipal e potencia as capacidades técnicas e políticas cara á igualdade.
  • Favorece a transparencia e a rendición de contas.
  • Reverte as desigualdades de xénero e promove o desenvolvemento humano e sustentable.
  • Facilita a integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas municipais.
  • Garante a aliñación coa normativa nacional e internacional e permite a identificación e a análise das desigualdades de xénero.
  • É unha oportunidade para corrixir prácticas de carácter discriminatorio e relacións de poder inxustas.
  • Promove políticas, plans e programas sociais que busquen a realización de dereitos e a mellora de capacidades.

PROCESO DE CERTIFICACIÓN

CONTACTO

info@forgenderseal.org
C/ de Muntaner, 244 pral. 1ª 08021 BARCELONA
+34 93 4146011

Accepto la política de privacitat