A continuación, mostrámosvos os concellos comprometidos coa Igualdade que están en proceso de Certificación, ou xa obtiveron do Selo SGCTY5050.
Son Gobernos Locais en que sitúan a igualdade entre homes e mulleres como un dereito humano fundamental e como base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible.
Son gobernos con mirada Internacional, na Nova Axenda Urbana, e a Axenda 2030 dos 17 ODS e en concreto, teñen a mirada na CEDAW, (Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller) polo que senten interpelados por Nacións Unidas para utilizar todos os mecanismos e cantas accións de discriminación positivas sexan necesarias, para eliminar as desigualdades de xénero.
O compromiso destes Goberno Locais baséase na integración da perspectiva de xénero nas súas políticas públicas municipais. O seu liderado na consecución do obxectivo Nº5 (Igualdade) e o Nº10 (Redución da desigualdade en e entre países) da Axenda 2030 de desenvolvemento sostible son tamén claves para a gobernanza municipal das súas cidades.
O Distintivo SGCITY5050 é o primeiro Selo de Certificación de Xénero do ámbito municipal. É aplicable a todas as cidades do mundo, de calquera tamaño, que busquen reducir as desigualdades de xénero e cumprir coa lexislación en materia de igualdade.
Reportaje sobre el SGCITY5050 en Para Todos La 2