FP – QUE É O DISTINTIVO POLA IGUALDADE DE XÉNERO?

O Distintivo pola igualdade de xénero é o primeiro selo de cualificación e recoñecemento público a favor da igualdade de xénero no ámbito municipal. É un sistema de xestión de xénero que se pon a disposición dos concellos como ferramenta que favorece a integración da perspectiva de xénero nas políticas e actuacións da administración local.

A Associació FORGENDER SEAL certifica e outorga o Distintivo ao concello, o cal se obtén mediante un proceso de certificación elaborado de acordo coas competencias municipais e normativa nacional e internacional sobre os dereitos humanos das mulleres. O proceso de certificación adáptase á normativa do territorio onde se ten que aplicar, tendo en conta a lexislación nacional vixente e o ámbito competencial da institución.

O Distintivo pola Igualdade de Xénero é un recoñecemento público á xestión municipal das políticas de xénero e á vez, é o compromiso de mellora a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes. O distintivo dispón de tres niveles: INICIAL, AVANZADO e  LIDER que dependerá do nivel de compromiso asumido polo concello.

A Associació FORGENDER SEAL, sen ánimo de lucro, ten como propósito crear sistemas de xestión de xénero que favorezan a construción de sociedades máis xustas e igualitarias, propoñan democracias máis participativas e paritarias e xeren convicción e determinación política a favor da igualdade.